lunes, 4 de abril de 2011

Pepo Suevos con Gran Reserva Galega


O nome despista, porque se falásemos de viños estaríamos a referirnos a un viño xoven, ou como moitísimo a un crianza. Pero como non falamos de viños, se non de soños, de desexos, de vontades, de compromiso, de loita, de talento e de Galicia, o nome antóllaseme incluso cativeiro e desproporcionado. “Gran Reserva Galega” responde ao ideal que calquera defensor da nosa cultura pode construír. Moito máis alá de obras faraónicas e de despachos semidespoboados. A “Gran Reserva Galega” son os galegos. Os artistas galegos. Os que consumen artistas galegos. Nós. Vós. Eles. El, máis concretamente. Xavier Dopazo aparece na miña vida nunha gala solidaria nun verán de Pontevedra, e xa non desaparecerá. Ou ao mellor el si, pero non o seu proxecto. “Gran Reserva Galega” ten que ser un referente (espero que non o único) de como a unión fai a forza, e de cómo a cultura GALEGA existe, e incluso é capaz de facer convivir as súas diferentes manifestacións baixo una bandeira única, nun único escenario multidisciplinar. Seguídeo moi de cerca e  que prenda o exemplo.
 
Pepo Suevos. (Actor, cómico, guionista e galego)