jueves, 10 de marzo de 2011

Beatriz Manjón con Gran Reserva Galega

Disque basta crer nalgo con moita forza para que se cumpla, disque chega con soñalo en moitas noites de insomnio para que se faga realidade, disque é suficiente con gritalo unha e outra vez, aínda cando a prudencia aconselle silencio. Así funciona eso que chaman lei da atracción. O artista Xavier Dopazo sabe ben desa lei, dos froitos que dan a constancia e esa fe cega nas propias conviccións e na arte como alimento do espírito. Pensar que somos capaces de ir máis alá do que outros chegaron, pensar en dar un paso máis nese camiño, afortunadamente sen límites, da creación, e facelo cos pés na terra, na nosa terra, non pode deixar de te-la súa recompensa. Gran Reserva Galega reserva arte dabondo para aqueles que queiran seguir apostando pola arte en Galicia e para Galicia, pero tamén para o resto do mundo. Por iso apoio, como xornalista e comunicadora, pero sobre todo como impenitente soñadora, este proxecto multidisciplinar, coa seguridade de que a paixón e o talento aínda son capaces de removernos por dentro, aínda que non sexan tempos precisamente para a lírica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario