miércoles, 30 de marzo de 2011

Sergio Pazos con Gran Reserva Galega

Cando de neno xogaba aos indios e aos vaqueiros sempre quería ir dos indios. Flipaba nas películas cando os vaqueiros bos entraban a falar cos xefes indios nas Gran Reserva e todo era moi bonito. E ó medrar as veces tiña a sensación de que os Galegos tamén eramos como unha Gran Reserva. Eramos queridos e recoñecidos polo resto pero nos tiñan ao mesmo tempo un pouco apartados, coma os indios.

Cando Xavier Dopazo me falóu de Gran Reserva Galega penséi que era un soño feito realidade e decidín voltar a ser un neno outra vez e xogar con el a este fermoso soño que espero sexa realidade ben pronto. Por todo elo declárome siareiro incondicional deste proxecto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario